Unha das principais dificultades para a investigación nesta paisaxe, reside na toma de datos gráficos de calidade en ubicacións en moitos casos inaccesibles. Neste sentido, o uso de novas tecnoloxías xeomáticas para a captación, procesamento e visualización de datos tridimensionais resulta de grande interese (Bemis et al. 2014). Estas técnicas son unha ferramenta moi útil en zonas remotas, de difícil acceso reducindo os problemas de accesibilidade na adquisición de datos e o tempo de procesamento e custos das campañas de campo en comparación cos métodos de exploración xeolóxica tradicionais (Fernández-Lozano and Gutiérrez-Alonso 2016).
Mediante técnicas de reconstrución 3D, é posible xerar ortofotos aéreas de alta resolución e modelos dixitais do terreo que permitan realizar unha cartografía xeolóxica detallada co rexistro e interpretación de estruturas xeolóxicas, fallas e outros accidentes tectónicos (Bemis et al. 2014). Tamén e posible a xeración de modelos 3D que permiten medir a dirección e buzamento dos estratos, estudios estatísticos da rede de fracturación e diaclasado, evolución ó longo do tempo de zonas tectónicamente activas como dorsais, zonas de subdución, etc. (Pavlis and Mason 2017).
A principal técnica que permite a xeración de datos tridimensionais a partir das imaxes capturadas con drons é a fotogrametría Structure from Motion (SfM) (Westoby et al. 2012) ou Correlación Automática de Imaxes (Ortiz-Sanz et al. 2013) (CAI).
BIBLIOGRAFÏA
1. Primeira fase – Estudos previos (Duración total 2 meses):
Nesta fase realizaranse as tarefas de desenrolo metodolóxico e definición das zonas a estudo. Previamente a selección das ubicacións singulares de Cabo Ortegal onde terán lugar os traballos, é preciso o desenrolo e validación dun fluxo de traballo que permita a adquisición de datos xeolóxicos confiables por medio de sensores montados en drons en zonas inaccesibles, e polo tanto, sen posibilidade da medición de puntos de apoio terrestre.
2. Segunda fase - Toma de datos de campo (Duración total 2 meses):
Esta etapa inclúe as tarefas de recollida de datos nas zonas escollidas para o seu estudo segundo a metodoloxía desenrolada na primeira fase. Mediante drons obteranse datos xeomáticos de alta resolución en varias ubicacións singulares de carácter inaccesible pertencentes ó Xeoparque de Cabo Ortegal.
Planificación dos traballos aéreos en Cabo Ortegal:
O principal obxectivo de esta etapa é a elaboración dos plans de voo automático para captura dos datos nas zonas de estudo. Planificaranse voos por pasadas cubrindo a zona de estudio con suficiente solape para o correcto procesamento das imaxes.
Execución dos traballos aéreos en Cabo Ortegal:
Nesta etapa do traballo executarase a captura de imaxes con dron segundo a planificación previa. Realizaranse voos oblicuos para mellorar a captura de información de interese nas zonas de acantilado como en Vixía de Herbeira. Nesta fase realizaranse tamén os traballos de medición da rede de puntos de apoio terrestre nas zonas onde a accesibilidade o permita.
3. Terceira fase - Procesado dos resultados (Duración total 3 meses):
Esta fase inclúe as tarefas de procesamento dos modelos 3D e ortorrectificación de imaxes para a obtención de ortofotos, mapas de reflectancia, modelos dixitais de elevación e a documentación tridimensional das zonas de estudo. Nesta fase tamén se realizará o análise do potencial da técnica de realce Radiance Scaling Shader sobre os modelos 3D, así como a publicación dos mesmos en globos virtuais como Google Earth.
4. Cuarta Fase - Redacción e publicación dos resultados ( Duración total: 2 meses):
Esta fase inclúe as tarefas de redacción e publicación de un artigo científico en revista indexada (SCI) que amose os resultados do traballo así como a metodoloxía desenrolada para a obtención dos mesmos. Tamén inclúe a programación dun museo virtual 3D, para o cal se empregará a plataforma Sketchfab, todo isto integrado nun sistema de información xeográfica (SIX) que permita visualizar as ubicacións singulares do parque e os modelos 3D xerados.