Obxectivo do proxecto

O proxecto “Ortegal Virtual” ten como obxectivo principal a obtención de información tridimensional de alta resolución mediante o emprego de drons en ubicacións singulares do Xeoparque do Cabo Ortegal e a publicación dun museo virtual 3D, baseado en tecnoloxía SIX e accesible o público xeral.


Xeoparque de Cabo Ortegal

Un xeoparque é un territorio que posúe un patrimonio xeolóxico de relevancia internacional e cun alto valor para o coñecemento da historia da Terra. Esa é unha das súas características, pero hai máis. E é que os xeoparques son tamén figuras de xestión que buscan conservar, divulgar e poñer en valor a riqueza xeolóxica como base para un desenvolvemento sustentable das áreas onde se asentan.


Promove:

Participan:

Colaboran: